Relato
breve de Vicente Risco (1884-1963) publicado en la revista Lar, 1925, A Coruña.
O
Lobo da Xente
***
Osucedido
que vou referir contáronmo como certo. Dixéronme onde foi, que foi preto de
Trives; vive aínda quen mo contou, e que, cando era novo, coñeceu a todas as
persoas que andaron na historia, porque tampouco non hai tanto tempo que pasou:
haberá coma cincuenta ou sesenta anos. Mais entre aquel tempo e o noso hai
moita máis distancia que a que eses sesenta anos representan: hai toda a que
poñen a soberbia e a pseudo cultura. Dígoo porque agora que andan os sabios
esbesullándose para esculcaren unha chea de feitos desta clase, o vulgo letrado
das vilas non quere dar creto a estas historias por máis que llo aseguren
persoas asisadas e verdadeiras. Eu teño para min que os antigos sabían disto
moito máis do que nós podemos sospeitar tan sequera, e que moito do que sabían
os antigos aínda o sabe o vulgo iletrado das aldeas. Mais imos ao conto. Era
polo castañar. O tempo era revolto e outonizo, chovía por veces e facía tan
escuro que era noite pouco despois de xantar. Ía un tempo coma de día de
defuntos, e a tristura do mes das ánimas espallábase xa empardecendo o ceo por
toda a banda. O Ánxel andaba nun souto, onda o río da Cabalar. Era nativo de
Sobrado e aínda non chegara ás quintas. Tiña o cabelo claro, os ollos azuís, as
meixelas roxas. Tiña un gran peito e brazos fortes, e era coraxoso e valente.
Estaba termando dun sequieiro e saíra nunha escampada a apañar folla no souto…
Para
seguir leyendo, en gallego, PDF por cortesía de la Fundación Vicente Risco:
una mierda de informacion
ResponderEliminar