martes, 25 de agosto de 2015

EXCONXURO


Lume lumiña
Que verde camiña
Da fraga
A Lareiro
E faise lumeira

Lume de
Quentura
Pra nosa fartura,
Lume benzoada
Que roda a queimada

Pingota
D’orvallo
Folla de carballo
Anga do
Agoira
Mel do fervedoiro
Lerqueira de
Lume,
Sin trasno nin fume,
Nin bruxa
Chuchona,
Nin meiga dentona,
Rotar muiñeiro,
Chiscar faisqueiro
Inoxena lumiosa,
Vagalume rosa,
Viradoira de lus


      
      F
      A
     A CRUS
      E
      M
      O
      S

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada